Cargando resultados...
Galicia volve superar as 500 hospitalizacións por covid-19
O Sergas notificou nove decesos por mor do coronavirus

Jessica Fernández
11/04/2022 10:34
O comezo da Semana Santa trae un grande aumento das hospitalizacións por covid-19 en planta (+77), pero baixan os ingresos nas UCI (-4). En total, hai 548 e 14 persoas hospitalizadas, respectivamente.
Pola súa parte, os contaxios diarios mantéñense con respecto ao día anterior e rexístranse 698, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes baixan lixeiramente (+436), deixando o total en 11.506.
O Sergas notificou nove decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.240 falecementos desde o inicio da pandemia.