Cargando resultados...
Recuperando o cultivo do liño e as cores dos antigos teares
G24.gal
27/06/2026 15:30
Grazas ás mans de miles de tecelás, Galicia liderou a produción de liño ata o século XIX. Un proxecto impulsado pola Xunta e o sector téxtil quere recuperar este cultivo e revivir os seus usos.
Recuperan ferramentas, vocabulario e o misterio da transformación que engaiolou a Manuel, un dos maiores expertos en arte téxtil galega, con case trinta anos de investigación e recolleita entre tecelás.
A súa colección de 260 pezas viaxa por Galicia na mostra 'Tecedeiras, arte e talento na sombra'. A maioría son cobertores de principios do século XX. O máis antigo é de 1860.