Galicia vive outra xornada de avisos por calor logo dunha noite tropical
Esta tarde agárdase superar os 40 graos na conca do Miño, en Valdeorras e no sur de Ourense
Vigo pasou a noite rexistrando unha mínima de 29 graos

Logo dunha noite de calor tropical en que se rexistraron ata 29 graos en Vigo, a calor segue activa e as altas temperaturas seguen vixentes en case toda a comunidade galega.
A Xunta xa activou avisos laranxas e amarelos en case toda Galicia, destacando que nas zonas da conca do Miño, na comarca de Valdeorras e no sur de Ourense as máximas poden subir a máis de 40 °C.
Hai que recordar que a Xunta elevou a alerta nivel 2 por episodio de calor no sur de Pontevedra. Tamén activou a alerta de nivel 1 no suroeste da Coruña e Valdeorras.
No caso do deporte, o Goberno galego determinou a suspensión das actividades deportivas federadas no exterior. O motivo é a alerta laranxa deste domingo, e afecta os 27 concellos das Rías Baixas e nos 16 do interior de Pontevedra.
As temperaturas máximas xa se moven dende o domingo entre os 35 e os 40 graos, sendo Lugo e o norte da Coruña os únicos non afectados por estas temperaturas.
As mínimas do sur de Pontevedra tamén serán elevadas, dando lugar a noites tropicais, mentres que no interior as madrugadas van ser máis suaves.
Ata agora, onde se rexistrou a maior temperatura foi no municipio ourensán de Leiro, acadando os 40,3 °C.