Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistra case dous milleiros de novas infeccións na última xornada

Galicia rexistra case dous milleiros de novas infeccións na última xornada

Detéctanse 1.933 contaxios novos, o maior aumento en dúas semanas

A ocupación hospitalaria continúa baixando (-6) e sitúase en 417 pacientes

O Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19

G24.gal 05/03/2022 10:40

Os casos activos en Galicia seguen subindo aos poucos ata acadar as 17.107 persoas infectadas. Van tres xornadas con aumentos, a de hoxe (+174) moito menor que a de onte (+568).

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.933 nas últimas 24 horas. É o maior incremento en dúas semanas.

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.270 (+24)

Vigo: 3.301 -42)

Ourense: 2.189 (+132)

Santiago: 3.093 (-3)

Lugo: 2.125 (-6)

Pontevedra: 2.094 (+71)

Ferrol: 952 (+2)

En canto á ocupación hospitalaria, esta baixa lixeiramente tanto en planta (-4) como nas UCI (-1). En total, hai 387 e 30 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.121 falecementos desde o inicio da pandemia. Os pasamentos foron os dunha muller de 83 anos na área sanitaria de Ferrol, o pasado mércores; e dous homes de 71 e 84 anos na área sanitaria de Vigo, o xoves.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos