Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia prepárase para un descenso das temperaturas e a volta da chuvia

Galicia prepárase para un descenso das temperaturas e a volta da chuvia

Nás próximas horas entra unha masa de aire frío e retírase o anticiclón

As mañás os termómetros caerán, e en cidades como Lugo espertarán con temperaturas por baixo dos cinco graos

G24.gal 22/04/2024 13:54

Hoxe en moitas zonas de Galicia os que madrugaron xa notaron a caída dos termómetros.

"A temperatura estaba bastante baixa, o tempo está revolto", conta un cidadán.

E a medida que avance a semana seguirán baixando as temperaturas. Onde máis o notarán é en Lugo, ás mañás non se superarán os 5 graos. 

"Dous, catro graos, aproveitamos ben o día e a mañá e a noite abrigámonos", explica outro cidadán.

A culpa tena unha masa de aire frío que vai desprazar o anticiclón. Irá frío ás mañás, pero co paso das horas as temperaturas subirán, aínda que menos que estes días, quedarán entre os 15 e 20 graos. Tamén volve a chuvia.

Na primavera xa sabemos que o tempo é moi cambiante, pero tanto...

"Isto é por culpa do cambio climático"; di este home e outra rapaza opina que "Estamos en abril eu creo que se está ben".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar