Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia prepara as fogueiras para a noite máis máxica do ano

Galicia prepara as fogueiras para a noite máis máxica do ano

Na Coruña agardan 130.000 asistentes ás fogueiras do Orzán e Riazor

G24.gal 22/06/2022 18:06

Moitos concellos prohibiron as fogueiras de San Xoán en todas as praias.

Mentres tanto, na Coruña agardan que nas cacharelas de Riazor e do Orzán se xunten unhas 130.000 persoas.

Riazor loce xa orgullosa o conxunto escultórico co que este ano celebrará a festa. 

As praias xa están valadas para que a festa sexa o máis ordenada e segura  posible. 
Esta vai ser a cacharela máis concorrida da cidade. Pero en toda Coruña solicitáronse permiso para máis de 500 fogueiras.

Tamén Panxón recupera con forza a celebración do San Xoán coas súas tradicionais fogueiras na praia. O concello despregará un cento de efectivos para garantir que non haxa problemas.

Sanxenxo permitirá fogueiras tamén en Silgar e noutras dúas praias, Poio inclúe a cacharela na celebración da súa tradicional festa de San Xoán e Cangas permitirá fogueiras en Rodeira. Estas son só algunhas dos milleiros de cacharelas coas que Galicia celebrará o solsticio de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade