Cargando resultados...
Galicia ofrece camas hospitalarias para atender a poboación ucraína
Sería nunha unidade do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ampliable a sete
A Xunta comunicoulle ao Goberno central a súa disposición neste sentido

G24.gal
26/02/2022 20:00
A Xunta manifestou a súa disposición a acoller poboación ucraína con necesidade de atención sanitaria, para o que se puxo en contacto co Goberno central.
O Executivo galego ofrece camas hospitalarias, concretamente, unha unidade de hospitalización, ampliable a sete, no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
En Galicia residen preto de 800 persoas deste país, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).