Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia leva unha proposta enogastronómica e sostible á 43 edición de Fitur

Galicia leva unha proposta enogastronómica e sostible á 43 edición de Fitur

Os reis inauguran a feira que quere constatar a recuperación do sector turístico

G24.gal 18/01/2023 15:16

Os reis inauguraron a edición número 43 da gran feira internacional do turismo cun paseo polos postos de Ifema. A edición da recuperación conta con 755 expositores de 131 países, incluído Ucraína. Fitur quere exhibir o optimismo do turismo español, que este ano mesmo prevé superar as cifras prepandemia. 

"Estamos convencidos, porque así o traslada o sector, de que imos superar os niveis récord de 2019", dixo Reyes Maroto.

Galicia estará presente en Fitur cun expositor de mil metros cadrados, reciclado para dar exemplo da sostibilidade, unha das ofertas para atraer turismo. Nava Castro explica que a idea é "Invitar todas as persoas que se acheguen no AVE, que está a dúas horas e cuarto de Madrid, que poidan coller vespas, bicicletas ou coches eléctricos para facer esas viaxes sostibles e esas experiencias únicas".

Unha viaxe gastronómica e tamén un destino para turismo de natureza, con atractivos como as fervenzas ou o solpor. Pontevedra aspira a converterse na capital española do turismo sostible, e resucita a Bruce Lee para percorrer a cidade... Lugo tira de patrimonio histórico, e A Costa da Morte aspira a ser destino para os amantes da astronomía. Pero o Camiño de Santiago segue a ser o principal atractivo. O presidente do Clúster Turismo de Galicia explica que "hai especial interese de América e turismo asiático por vir a Galicia, sobre todo coreano e xaponés".

Fitur propicia oportunidades de negocio, e atractivos non faltan.

"Entre os viñedos, os ríos, a natureza e a gastronomía hai que facer bastante pouco", di o dono dunha axencia de Pantón.

Uns 120.000 profesionais pasarán por Fitur ata o venres. A fin de semana a feira estará aberta ao público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade