Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a sexta comunidade con máis accidentes de traballo

Galicia é a sexta comunidade con máis accidentes de traballo

En 2023 os sinistros con baixa aumentaron un 7,11 %

CCOO alerta sobre este inicio de 2024, con 12 accidentes mortais

G24.gal 22/04/2024 12:09

Os accidentes de traballo con baixa aumentaron en Galicia un 7,11 % en 2023 respecto ao ano anterior. Pasa a ser a sexta comunidade con máis sinistros e a quinta con máis accidentes mortais.

O balance é de CCOO e alertan sobre este inicio de 2024. No que levamos de ano xa houbo 12 accidentes mortais, 8 deles na provincia de Pontevedra.

Din que na maioría dos casos se repetía un patrón común: foi en empresas pequenas e as vítimas traballadores con escasa experiencia.  Piden máis formación en prevención de riscos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade