Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a comunidade con máis rutas sostibles da Bandeira Sendeiro Azul

Galicia é a comunidade con máis rutas sostibles da Bandeira Sendeiro Azul

Este recoñecemento exalta o valor ambiental, sostible e patrimonial destes camiños

A Ruta dos Faros entre Malpica e Fisterra A Ruta dos Faros entre Malpica e Fisterra
G24.gal 26/05/2022 17:48

Un total de 85 sendeiros estrearán este verán o novo galardón Bandeira Sendeiro Azul, que recoñece e premia o valor ambiental, sostible e patrimonial destes camiños e mais o labor que realizan as administracións para fomentar as actividades na natureza e deporte e lecer.

Os carreiros galardoados, elixidos pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), conforman unha rede de case 500 quilómetros e están presentes en 73 municipios pertencentes a 19 provincias de 10 comunidades; e Pontevedra (19), xunto con Castelló (9), foron as provincias que máis bandeiras azuis para carreiros conseguiron este ano.

Por comunidades autónomas, Galicia é a que máis rutas sostibles ofrece, cun total de 29 sendeiros azuis, seguida pola Comunidade Valenciana (19), Andalucía (12), Principado de Asturias (6), Cataluña (5), as Illas Baleares e Rexión de Murcia (4), as Illas Canarias (3), Cantabria (2) e Estremadura (1).

Os premios concedéronse nun acto celebrado este xoves no Real Xardín Botánico de Madrid, ao que asistiron o presidente da ADEAC José Palacios, a vicedirectora de Cultura Científica e Comunicación no Xardín Botánico Isabel Sanmartín Bastida e Ana Jar Rodriguez-Medel, da secretaría de Estado de Turismo, ademais dunha vintena de autoridades locais dos municipios galardoados.

O programa Sendeiros Azuis, que é pioneiro en España e está vinculado ao programa Bandeira Azul desde o seu nacemento en 2011, abre unha nova etapa con identidade propia coa introdución, por vez primeira, do recoñecemento Bandeira Sendeiro Azul e coa participación de calquera municipio que queira recoñecer a calidade das súas sendas e camiños.

Para conseguir esta distinción, os carreiros deben cumprir certos criterios, como promover a conservación do medio, garantir que as sendas permitan a funcionalidade dos ecosistemas e potenciar a conectividade de contornas naturais e a restauración das contornas degradadas.

En canto aos carreiros premiados nesta edición, o 64 por cento atópase parcial, ou totalmente, inmerso en Espazos Naturais Protexidos e o 57 por cento alberga especies protexidas de flora ou fauna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade