Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia alcanzou os 26 graos en pleno mes de febreiro

Galicia alcanzou os 26 graos en pleno mes de febreiro

As temperaturas superaron os 20 graos en practicamente toda a comunidade

G24.gal 14/02/2024 20:34 Última actualización 14/02/2024 20:40

A media mañá xa había quen tiña que quitar a chaqueta. Ninguén diría que estamos a 14 de febreiro.

"É agradable para dar un paseo, pero hai que recoñecer que isto non é normal". "A estas alturas ter 24 graos é impensable", comentan algunhas persoas.

Xa pola tarde, bañador. Superáronse os vinte graos practicamente en toda Galicia. Temperatura nada propia dun inverno galego.

"Isto non é normal, tiña que estar chovendo... pero xa sabemos que o tempo está cambiando".

E caendo a noite, seguía a calor. Sobre todo en Leiro, onde se alcanzaron durante a xornada máximas de 26 graos.

"De verán, de verán totalmente. Esta vila é calorosa, pero nas datas que lle corresponde". "Será o cambio climático, xa veremos o resultado máis adiante", din dous veciños de Leiro.

O que si que está próximo é o cambio de tendencia. En cuestión de horas, as temperaturas poden caer ata oito graos, e ademais vén a choiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade