Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, a terceira comunidade onde máis crecen as contratacións extras por Nadal

Galicia, a terceira comunidade onde máis crecen as contratacións extras por Nadal

Pontevedra, a provincia de Galicia onde máis soben os contratos de reforzo para a campaña de Nadal

G24.gal 29/12/2021 14:27

A estas alturas de decembro aínda segue habendo ofertas de traballos puntuais, de reforzo da campaña de Nadal. Nas páxinas web das principais grandes cadeas comerciais é posible coñecer con detalle as ofertas e propostas de contratación dispoñibles.

A maioría son para postos vencellados coa vena directa, coa atención ao público; pero tamén hai empregos vencellados coa loxística, o transporte, a entrega a domicilio e as novas tecnoloxías.

Segundo unha empresa de traballo temporal, Galicia é a terceira comunidade onde máis crecerán as contratacións no Nadal con respecto a anos pasados.

Pontevedra é a provincia galega con máis novos contratos asinados para o periodo de Nadal. Este ano, en Galicia estanse superando marcas de contratacións extra para a campaña de Nadal e rebaixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade