Gala solidaria de Bicos de Papel en Vigo
Gala solidaria de Bicos de Papel en Vigo
Vigo acolle a V Gala Solidaria de Bicos de Papel, unha asociación creada para axudar e apoiar os nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias.
O diñeiro recadado investirase nun programa pioneiro de exercicio oncolóxico e rehabilitación de secuelas para unha vez que superan a enfermidade.
Bicos de Papel celebrou unha nova gala solidaria para recadar fondos para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro.
Un evento celebrado no Teatro Salesianos de Vigo que foi presentado polos pequenos e pequenas que compoñen a familia de Bicos.
Unha cita anual, que volveu tras estes duros anos de pandemia, que servirá para recadar fondos para un programa pioneiro de exercicio oncolóxico e rehabilitación das secuelas provocadas pola enfermidade e que lles axude a mellorar a súa calidade de vida.
Nesta gala non faltou a música nin as ganas para seguir apoiando e defendendo os dereitos e as necesidades destes nenos e nenas e das súas familias.