Publicador de contidos

Publicador de contidos

FUNCAS: "Para o conxunto do ano que vén ninguén fala de recesión"

FUNCAS: "Para o conxunto do ano que vén ninguén fala de recesión"

FUNCAS apunta que de momento o turismo tira do crecemento, pero despois do verán haberá unha forte desaceleración da economía

G24.gal 19/07/2022 09:49

A fundación FUNCAS prevé unha forte desaceleración da economía despois do verán e apunta que no último trimestre do ano o crecemento será cero. Por iso, rebaixa a previsión de crecemento deste ano e tamén do ano que vén, ao tempo que sitúa a inflación deste 2022 preto do 9 por cento.

Apunta que este ano acabará cun crecemento da economía dun 4'2 por cento. O ano que vén, dun 2, moi por riba da media dos países con euro, xa que sufrirán moito máis a escaseza de gas.

FUNCAS apunta que de momento o turismo tira do crecemento, pero despois do verán haberá unha forte desaceleración da economía. Polo de agora, se os prezos do gas e do petróleo non volven subir máis, descarta que a economía vaia a negativo.

A economista sénior de Funcas María Jesús Fernández explicou hoxe no Galicia por diante que pode haber recesións específicas algún trimestre se a enerxía sobe moito ou se hai cortes, pero FUNCAS non o recolle nas súas previsións.

"Para o conxunto do ano que vén, ninguén fala de recesión. Si que se presenta unha cifra de crecemento bastante moderada, comparada coas cifras que se manexaban ata o de agora, e non se pode descartar algunha recesión concreta de crecemento negativo, sempre concreta nun ou varios trimestres. Pero para o conxunto do ano espérase crecemento".

Fóra diso, FUNCAS insiste nun pacto de rendas, incluíndo as pensións e os empregados públicos. Di que o Estado non pode soportar que as pensións suban tanto coma os prezos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade