Cargando resultados...
Friaxe no interior de Galicia con temperaturas baixo cero
Friaxe no interior de Galicia con temperaturas baixo cero
Os termómetros en Verín marcaron -8 graos, a mínima da comunidade
G24.gal
23/01/2022 13:44
Moitos concellos volveron vivir unha noite de friaxe. A temperatura máis baixa rexistrouse en Verín, que a primeira hora da mañá estaba a -8 graos.
Pero foi unha noite xélida noutros moitos puntos do interior, especialmente das provincias de Lugo e Ourense. Os termómetros marcaron sete graos negativos en Calvos de Randín, unha temperatura moi similar á de Sarria.
A partir do mediodía, cando o sol comezou a quentar, a situación cambiou notablemente. As oscilacións térmicas superaron os dez graos.