Publicador de contidos

Publicador de contidos

Madrugada de xeadas intensas con temperaturas mínimas de ata 8 graos baixo cero

Madrugada de xeadas intensas con temperaturas mínimas de ata 8 graos baixo cero

En Cabeza de Manzaneda os termómetros rexistraron -8º C, en Calvos de Randín, -7º C, e en Baltar, -6º C

directo Frío tamén en Lalín onde baixaron ata os -4º C
G24.gal 08/02/2025 08:41 Última actualización 08/02/2025 09:51

A entrada dunha masa de aire frío coa situación anticiclónica deixou valores negativos en varios puntos. MeteoGalicia mantivo activado o aviso amarelo por baixas temperaturas no sur da provincia de Ourense ata as 9:00 da mañá. De feito, houbo xeadas intensas nas primeiras horas do día.

En Cabeza de Manzaneda, os termómetros rexistraron 8 graos baixo cero de madrugada, a mínima de toda Galicia. Moi preto dese valor estiveron Calvos de Randín (-7ºC), Baltar (-6ºC), Viana do Bolo (-5,2ºC), Verín (-4,3ºC) ou Guitiriz (-4,2ºC).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade