Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi Álvarez estréase en Balaídos disposto a consolidar o posto de fase de ascenso

Fredi Álvarez estréase en Balaídos disposto a consolidar o posto de fase de ascenso

O partido entre o Celta Fortuna e o Fuenlabrada verémolo na G2 o sábado ás 19:00 

O domingo será a quenda do Lugo, que recibe no Anxo Carro o Sestao (19:00)

G24.gal 22/03/2024 21:22

O Deportivo defenderá o liderado na casa do último clasificado. Farao sen Lucas Pérez, baixa por unhas molestias que lle impediron adestrarse toda a semana, e Mella, convocado coa selección. O equipo buscará reencontrarse co triunfo tras dous empates consecutivos.

As cámaras da Galega estarán o sábado en Balaídos no duelo entre o Celta Fortuna e o Fuenlabrada. Fredi estráse na casa como adestrador tras empatar a semana pasada no Reino de León. Os celestes, quintos clasificados con 4 puntos de vantaxe sobre a Cultural, pechan os postos de play off.

O Arenteiro visita a casa do Sabadell esta xornada. Os cataláns, que veñen de empatar co Deportivo en Riazor, están a dous puntos da zona de descenso. O Arenteiro, a dúas prazas do play off.

Nesta casa tamén poderán seguir o partido do Anxo Carro: Lugo-Sestao. Trashorras buscará a súa primeira vitoria no banco ante o peor visitante do grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade