Cargando resultados...
Franz Ferdinand ou Bryan Adams, protagonistas no inicio do Son do Camiño, que esgota os seus abonos
A chuvia non desanimou a milleiros de festivaleiros
G24.gal
13/06/2025 08:55
Segunda xornada do festival O Son do Camiño, e o grupo estrela do día é o grupo de rock inglés Kasabian. Onte a chuvia non desanimou os miles de festivaleiros que gozaron de 12 horas de música con estilos tan variados como Franz Ferdinand ou Bryan Adams.
O festival, no que se espera unha asistencia de 100.000 persoas, esgotou xa os seus abonos para todas as xornadas.