Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os atranques dos Xenerais da Ulla convocan a veciñanza para arrincar o Entroido

Os atranques dos Xenerais da Ulla convocan a veciñanza para arrincar o Entroido

Durante as próximas fins de semana percorren as parroquias de oito municipios

Este Entroido rural está documentado desde mediados do s. XIX

G24.gal 24/01/2026 21:05 Última actualización 24/01/2026 21:24

Os primeiros altos e atranques deste Entroido puideron escoitarse na tarde do sábado en San Miguel de Sarandón, en Vedra.

Alí chegaron os Xenerais da Ulla e mais os Correos que percorren durante estas fins de semana oito concellos da zona que manteñen a tradición entroideira na comarca.

O temporal amainou e os Xenerais puideron lucir os seus tricornes e lanzar os "Vivas" casa por casa. Acompañados de coros e comparsas remataron a tarde coa escenificación dos atranques onde lle deron un repaso á actualidade local e á rexouba veciñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar