Publicador de contidos

Publicador de contidos

Francisco Conde: "Afrontamos unha transición exemplar tanto no partido coma no Goberno"

Francisco Conde: "Afrontamos unha transición exemplar tanto no partido coma no Goberno"

O vicepresidente primeiro do Xunta asume con ilusión e responsabilidade a súa nova encomenda no Goberno Rueda

O conselleiro de Economía, Industria e Innovación fixa coma prioridades do novo Executivo galego manter a solvencia de Galicia e a creación do emprego

Conde agarda que o Goberno central cambie a súa actitude con Galicia e aposte pola cogobernanza

O conselleiro de Economía asegura que están pechando os promotores da planta de biogás a partir dos xurros.

 

G24.gal 22/05/2022 10:15 Última actualización 22/05/2022 12:46

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura na súa primeira entrevista como número dous do Goberno galego que asume a nova encomenda con "moitísima ilusión" e "moitísima responsabilidade". Conde tamén destaca o proceso de remuda de Alberto Núñez Feijóo tanto na Xunta coma no Partido Popular de Galicia. Na súa opinión foi "exemplar porque se primou -di- o "interese xeral, o interese dos galegos" e deixouse a un lado "personalismos"

"Tanto o partido como o goberno puxo por diante o interese xeral, o interese dos galegos, o interese en definitiva de ser útiles no desenvolvemeno das diferentes políticas e deixaron a un lado os personalismos. Creo que dende ese punto de vista, tanto no nivel de partido como no de Goberno, afrontamos unha transición claramente exemplar"

Segundo engadiu, as prioridades do novo Goberno de Alfonso Rueda á fronte da Xunta son "manter a estabilidade e a solvencia da propia comunidade autónoma" e a "creación de emprego". 

Carta a Pedro Sánchez

O vicepresidente primeiro da Xunta tamén falou da solicitude reunión do presidente da Xunta ao do Goberno e das peticións de apoio a proxectos concretos para Galicia. Na opinión de Conde é preciso "un cambio de actitude por parte do Goberno" ao entender que nestes últimos catro anos houbo un "obxectivo claro de centralizar as decisións". Para Conde, o Goberno "ten que dialogar coa comunidade autónoma" apostar pola "cogobernanza"  e afirma que o presidente Alfonso Rueda lle trasladará a Pedro Sánchez a necesidade desa cogobernanza e que se "dea resposta real" aos problemas da sociedade. 

De proxectos concretos para os que a Xunta solicita o apoio explícito do Goberno figuran a planta de fibras téxtiles que Altri promovería en Palas de Rei e a construción dunha planta de biogás a patir de xurros. Sobre esta última, Conde asegura que nestes momentos a Xunta está pechando os posibles promotores dun proxecto que "corrixiría o impacto ambiental dos xurros no territorio" e melloraría a "competitividade" do sector gandeiro ao se usar xurros para xerar biogás e fertilizantes. 

Conde tamén volveu laiarse da falta de transparencia no que atinxe ao PERTE da automoción e Stellantis Vigo. Pide "igualdade de condicións con outros fabricantes".

Á marxe destes proxectos, o conselleiro de Industria tamén se refire ao naval galego e avanza que a semana que vén haberá unha xuntanza con Aclunaga (cluster do naval galego) e con Asime (patronal do metal) para "traballar nos diferentes investimentos que precisa o sector" ao abeiro da Estratexia para o Sector Naval que a Xunta ten planificada ata 2026. Nese marco, Francisco COnde asegura que Barreras -estaleiro que vai ser comprado por Armón- atopará unnha "admnistración" que facilite a súa modernización. 

Situación económica

O vicepresidente primeiro da Xunta urxe ao Goberno a actuar de forma "inmediata" para atallar a alza inflacionista  por lastrar -di- a familias e tecido produtivo sobre todo no que atinxe á factura enerxética.  Conde saúda que se poña un tope ao gas para a xeración de electricidade pero insta a que se diga cando vai aplicarse ese límite e como e quen vai asumilo. Así mesmo, entende que o Goberno incumpre o compromiso acadado na última Conferencia de Presidentes ao non reducir a fiscalidade aplicada á luz e ao gas. Redución, lembra, que permite Bruxelas e que o Goberno non acomete "repercutindo isto negativamente nas familias e nas empresas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade