Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prevé finalizar a estación de bus da intermodal da Coruña a final de ano

A Xunta prevé finalizar a estación de bus da intermodal da Coruña a final de ano

Diego Calvo agarda que haxa "cincocentas expedicións de buses" e que "utilicen esta estación case tres millóns de viaxeiros ao ano"

O conselleiro Diego Calvo durante a visita deste mércores (EFE/Cabalar) O conselleiro Diego Calvo durante a visita deste mércores (EFE/Cabalar)
G24.gal 16/07/2025 15:21

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou de que a Xunta prevé que a estación de autobuses da intermodal da Coruña estea completada a final deste ano.

Díxoo este mércores na súa visita ás obras dunha intermodal na que están implicados, ademais do Goberno galego, o Concello da Coruña e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

A Xunta, que se encarga da estación de bus, o aparcadoiro e elementos comúns, achegou 20,6 millóns de euros dos 45 totais.

Calvo celebrou que, "despois de moitos meses de traballo, tomou corpo a obra e xa se pode apreciar como vai estar definida e os tránsitos e o uso".

Aínda que "quedan cousas por acabar", continuou, o plan é que as obras estean terminadas "a final de ano".

"O máis importante é que teña o sentido co que foi construída e cumpra coa súa finalidade e sexa mellor para todos os usuarios de tren e bus", resumiu.

O conselleiro detallou que cando a intermodal entre en funcionamento espérase que haxa "cincocentas expedicións de buses" e que "utilicen esta estación case tres millóns de viaxeiros ao ano".

Diego Calvo tamén reclamou a implicación do Goberno central "para asinar un convenio" para que se constrúa unha estación intermodal en Ferrol

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade