Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fracasan as dúas mocións de censura da esquerda francesa contra Lecornu polos orzamentos

Fracasan as dúas mocións de censura da esquerda francesa contra Lecornu polos orzamentos

O primeiro ministro recorrera a un mecanismo constitucional para evitar ter que levar as contas o Parlamento

Sebastien Lecornu, este venres (REUTERS/Gonzalo Fuentes) Sebastien Lecornu, este venres (REUTERS/Gonzalo Fuentes)
G24.gal 23/01/2026 12:04

As dúas mocións de censura, unha das formacións á esquerda do Partido Socialista (PS) e outra da extrema dereita, contra o Goberno do primeiro ministro francés, Sébastien Lecornu, fracasaron este venres na Asemblea Naciona

A moción de censura das formacións á esquerda do Partido Socialista (PS) contra o Goberno do primeiro ministro francés, Sébastien Lecornu, fracasou este venres na Asemblea Nacional ao recibir o voto de 269 deputados, fronte aos 288 necesarios.

A moción da Francia Insumisa (LFI), dos Ecoloxistas e do Partido Comunista Francés (PCF) recibiu tamén os votos da estrema dereita da Agrupación Nacional (RN) e dos seus socios, e igualmente doutros deputados, en particular cinco socialistas dos 69 que hai nese grupo parlamentario.

En canto á moción de censura do RN, quedou con 142 sufraxios, moi lonxe da maioría absoluta necesaria, xa que a esquerda nunca apoia as da extrema dereita.

As dúas presentáronse despois de que Lecornu recorrese a un mecanismo constitucional (o artigo 49.3) para adoptar a parte dos ingresos dos orzamentos de 2026 sen sometelos ao voto tras convencerse de que non lograría reunir unha maioría parlamentaria.

O primeiro ministro subliñou nese debate que os orzamentos que decidiu adoptar non son os do proxecto inicial que pretendía sacar adiante o seu Executivo, senón "un texto saído do compromiso" e "resultado dos equilibrios do hemiciclo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade