Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miranda, sobre a intervención dos EUA en Venezuela: "Nunca defenderemos unha intervención unilateral en ningún país"

Miranda, sobre a intervención dos EUA en Venezuela: "Nunca defenderemos unha intervención unilateral en ningún país"

A eurodeputada nacionalista di que o acordo do Mercosur é antidemocrático e "non defende os intereses de Galicia"

Miranda fai un balance negativo dos 40 anos de integración europea para o agro, a pesca e a industria galega

 

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, este venres nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 23/01/2026 12:07

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, amosou a súa preocupación polo "excesivo peso" da OTAN e dos Estados Unidos na resolución de conflitos. "O BNG non quere inxerencias unilaterais dun presidente como Trump que cuestiona a orde internacional.

Preguntada por Venezuela di: "Nunca defenderemos unha intervención unilateral en ningún país. Hoxe é Venezuela pero o seguinte será Groenlandia".

Nunha entrevista no Bos Días, Miranda referiuse tamén o acordo da UE con Mercosur. Xustificou a decisión do Parlamento Europeo de remitir ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea o acordo. A nacionalista amósase especialmente crítica con este pacto comercial.

Afirma que é "antidemocrático" porque non foi consultado coa Cámara nin tivo en conta os intereses do sector gandeiro e explica que é especialmente lesivo co sector cárnico galego. "A produción de carne dunha soa provincia do Brasil equivale a toda a produción de Galicia", explicou nunha entrevista no Bos días da Televisión de Galicia.

A eurodeputada defende que o BNG é a "única forza galega que defende que non se vote este acordo, tal e como din os gandeiros nas tractoradas". Subliña que se pode estar en contra do tratado e manter "unha boa relación política con gobernos como o de Lula". 

40 anos na UE: "O balance para Galicia é negativo"

Ana Miranda fai un balance negativo dos 40 anos de adhesión europea. Ao seu xuízo, neste tempo, "vendeuse" a capacidade produtiva de Galicia: "Cremos que Galicia tiña que ter unha posición moito mais defendida dentro da Unión Europea. As consecuencias non foron positivas; foron negativas para o noso agro e a nosa pesca", explica.

"Nós defendemos a Europa dos pobos pero non a Europa da guerra de Von der Layen". A europutada do BNG critica que a UE estea facendo políticas militaristas en lugar de "políticas de cohesión en defensa do noso agro e a nosa pesca".

 Autonomía do BNG para lograr acordos

Miranda defende a autonomía do BNG e a súa capacidade para acadar logros concretos ante as diferenzas de criterio que manteñen co grupo socialista. "Nós démoslle o acordo de investidura ao PSOE para que Galicia avance en cuestións como a AP-9. Se hai cambios aí, é grazas ao BNG", sentenciou. Está convencida de que "o BNG vai gañar pronto" porque "a xente dáse conta de que somos a forza que mira polo país".

A eurodeputada do Bloque trasladou o seu pésame aos traballadores da CSAG tras o falecemento hai uns días da nosa compañeira Mabel Montes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade