A Lei para a Reforma Política cumpre 50 anos
A aprobación desta lei supuxo o comezo da Transición española
O 18 de novembro de 1976 as Cortes franquistas aprobaban por maioría absoluta a Lei para a Reforma Política.
Expertos como Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC, identifican este momento como o comezo en sentido estrito da Transición. "O gran desafío desta lei era a aprobación nas Cortes franquistas dunha lei que causaría a desaparición delas tal e como estaban previstas con Franco", explica o catedrático.
Tras unha consulta popular, o 90 % dos españois votaron a favor da reforma. Pero segundo explica Carlos Ruiz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional na USC, "a maioría da poboación non quería unha ruptura, senón un cambio ordenado, pacífico e mantendo diferentes cuestións como o rei".
En xaneiro de 1977 a lei publicouse e, en cuestión de meses, legalizáronse os partidos políticos e convocáronse as primeiras eleccións libres dende 1933. Un ano máis tarde, no 1978, a primeira lexislatura democrática fixo posible a Constitución Española, que se aprobou un ano máis tarde.