Prisión para a detida en Ferrol por financiamento do terrorismo xihadista
Tamén se lle atribúen delitos de autoadoutrinamento e enaltecemento do terrorismo
Na mesma operación detiveron un home en Cartaxena que quedou en liberdade provisoria
O xuíz da Audiencia Nacional Antonio Piña decretou prisión provisional e sen fianza para unha moza detida esta semana en Ferrol á que se lle atribúen delitos de financiamento do terrorismo xihadista, autoadoutrinamento e enaltecemento do terrorismo.
Na mesma operación, desenvolta por axentes da Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional, arrestaron tamén un home en Cartaxena (Murcia), lugar no que reside habitualmente a detida, que quedou en liberdade provisoria, segundo informan a EFE fontes xurídicas.
O titular do xulgado central de instrución número 6 da Audiencia Nacional adoptou esta decisión a pedimento da Fiscalía tras tomarlle declaración aos dous detidos. Por mor dos arrestos, practicáronse entradas e rexistros en vivendas de ambas as dúas localidades.