Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas na distribución aos supermercados pola neve

Problemas na distribución aos supermercados pola neve

A prohibición de circular camións mantén paradas mercadorías que ían entrar ou saír de Galicia

A patronal alerta de que se pode producir desabastecemento e pide que poidan circular os produtos de primeira necesidade

 

 

G24.gal 23/01/2026 14:31

Accedemos a unha distribuidora do Porriño. Teñen alimentos almacenados que lles permitirían abastecer tendas ou bares durante varios días. Ricardo Rocha Doval é o administrativo de Exclusivas Car-lac: "Temos stock aproximado para 30 días, excepto algúns produtos que teñen menos data de caducidade".

O problema podería aparecer en produtos frescos, que impiden almacenalos tempo. "Nas empresas distribuidoras de produtos de alimentación como froitas ou peixe, todo o que sexa moi fresco e caduque pronto", relata Ricardo.  

Polo momento falan de atraso na recepción de mercancías e fan un chamamento a non facer un acopio innecesario de alimentos. Paula Borrajo Cameselle, encargada de almacén en Exclusivas Car-lac, insiste en que "polo momento non hai problema. Poderíamos chegar a quedar sen eses produtos frescos, pero polo momento non hai problema". 

A Asociación española de distribuidores, autoservizos e supermercados (ASEDAS) considera que parar os camións antes de que nevase fixo que perdesen horas de repartimento ás tendas. Din que foi unha medida desproporcionada e piden que se priorice a circulación de camións con produtos de primeira necesidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade