Xunta e Concello avanzan en proxectos de infraestruturas clave para Vigo
Ambas administracións acordaron crear unha comisión para transformar a fronte costeira desde Bouzas ata Redondela
Tamén falaron do túnel da Porta do Sol e Elduayen, para o que o Concello reclama financiamento
A ampliación dos túneles de Beiramar é un dos proxectos máis ambiciosos da cidade. A peonalización desta zona inclúe unha transformación da fronte litoral desde Bouzas a Redondela. Xunta e Concello saíron satisfeitos da reunión da Comisión de Infraestruturas, onde acordaron avanzar no plan. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu a creación dunha comisión.
Desde a Consellería de Infraestruturas dan o visto e prace ao proxecto.
A obra do túnel desde a Porta do Sol e a rúa Elduayen, que leva catro anos paralizado, foi outro dos asuntos prioritarios da reunión.
A conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue comprometeuse a desbloquear o proxecto por parte de Patrimonio Histórico e a estudar o plan de financiamento.
A alta velocidade foi outro dos asuntos tratados na comisión. Xunta e Concello coinciden en que se trata dunha infraestrutura prioritaria para Vigo na que a Administración central ten a última palabra.