Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta urxe novamente o Goberno a unha reunión para abordar a xestión da AP-9

A Xunta urxe novamente o Goberno a unha reunión para abordar a xestión da AP-9

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, lembra que é a quinta vez que solicita este encontro

G24.gal 06/08/2025 14:18

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiu unha carta ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, para solicitar unha reunión de traballo en que abordar a xestión da AP-9, ante o último ditame da Comisión Europea relacionado coas prórrogas do contrato concesional da autoestrada.

Na misiva, Allegue empraza o ministro a esta reunión e lembra que é a quinta vez que solicita un encontro para abordar a xestión da AP-9, ante a falta de información do Goberno.

Ademais, a conselleira busca expoñer ao ministro o novo estudo da Xunta que conclúe que o rescate é neste momento a solución máis vantaxosa para o interese público e cuantifica esta medida en 2.356 millóns de euros.

No estudo actualizado da Xunta, o citado custo da indemnización calculado neste 2025 é maior que o calculado en 2024, cando se situaba en 2.331 millóns de euros.

A pesar de que transcorreu un ano máis da concesión, o aumento débese aos resultados da concesión e o beneficio da concesionaria, que son cada vez maiores, co que o custo aumenta.

Por esta razón, a Administración autonómica conclúe que o rescate é mellor afrontalo canto antes.

Ademais, no documento analizado polo Consello de la Xunta, realízase unha avaliación do impacto que en canto ao tráfico supoñería a liberación da peaxe da AP-9.

A responsable de Infraestruturas do Executivo galego insiste en que o Goberno debe analizar a conveniencia do rescate da concesión e incide en que ademais do cálculo do custo da indemnización, o Estado debe realizar tamén unha análise custo–beneficio equivalente ao que elaborou para a circunvalación da AP-7 en Alacante e que concluíu sinalando os beneficios socioeconómicos e ambientais que motivaron posteriormente a liberación definitiva da peaxe nesta autoestrada.

Allegue espera que o Goberno atenda a súa solicitude despois de que no último ano a Xunta solicitase “en múltiples ocasións unha reunión para abordar unha cuestión de tanta transcendencia como a xestión da AP-9, sen resposta ata o de agora”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade