Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas dá un ultimato a España pola prórroga das concesións da AP-9 e AP-66

Bruxelas dá un ultimato a España pola prórroga das concesións da AP-9 e AP-66

Bruxelas insta a España a respectar as normas sobre contratos de concesión de autoestradas nun ditame motivado ás autoridades nacionais para dar seguimento ao expediente sancionador aberto

O Goberno di que o ditame de Europa sobre a AP-9 non elimina a prórroga e analizará interpoñer recurso

G24.gal 17/07/2025 14:05

A Comisión Europea declara ilegal a prórroga da concesión da AP-9. Considera que o Goberno de España incumpriu as normas europeas ao prorrogar en 2019 sen concurso público a concesión da autoestrada que vertebra Galicia de norte ao sur ata o ano 2048. O ditame comunitario responde á denuncia que presentou a asociación En Colectivo, que aspira a que a decisión de Bruxelas supoña un paso definitivo para que o actual executivo elimine as peaxes.

A Comisión enviou un novo ultimato ao Goberno para que emende as irregularidades polas que foron prorrogadas as concesións na AP-66 e a Ap-9 e que, a ollos de Bruxelas, vulneran as regras da UE en materia de contratación pública e de concesión de autoestradas, un asunto que de non resolverse no prazo de dous meses os servizos comunitarios poderán elevar ao Tribunal de Xustiza da UE (TXUE).

Dende Galicia, a asociación de consumidores En Colectivo pídelle ao Goberno que anule de xeito inmediato a concesión da autoestrada AP-9. Hai xa seis anos que denunciou ante a Comisión Europea a prórroga concedida no ano 2000, que vai ata o 2048.

España ampliou a duración das concesións das autoestradas AP-9 e AP-66 por períodos de 25 e 29 anos, respectivamente, para posteriormente vender ambas as concesionarias sen convocar procedementos de licitación previos nin publicar un aviso no Diario Oficial da UE, como require a lexislación comunitaria, segundo describe o Executivo comunitario.

Por iso, Bruxelas considera que ambas as prórrogas constitúen modificacións substanciais que son equivalentes á adxudicación de novos contratos de concesión e, por tanto, deben estar sometidas a un procedemento de licitación competitivo, de acordo cos principios de igualdade de trato e transparencia a que obrigan as directivas na materia.

Un prazo de dous meses o Goberno

Así, os servizos comunitarios dan agora un prazo de dous meses ao Goberno para que responda ás inquietudes notificadas no ditame de Bruxelas e tome as medidas necesarias para corrixir as irregularidades.

A falta dunha solución, advirte o Executivo comunitario, poderá optar por iniciar a terceira fase prevista nos procedementos de infracción, que implica denunciar o Estado membro polo incumprimento da lexislación comunitaria ante o Tribunal de Xustiza da UE.

O Goberno estuda presentar recurso

O Ministerio de Transportes asegurou que o ditame da Comisión Europea que considera que a prórroga da concesión da AP-9 vulnerou as regras da UE en materia de contratación "non supón o final do procedemento nin a eliminación das prórrogas" e sinalou que analizará a resolución e esgotará "as opcións de resposta ademais da posibilidade, chegado o caso, de interpoñer os correspondentes recursos".

Así o apuntaron fontes do Ministerio de Transportes, que sinalan que a prórroga da concesión da autoestrada de peaxe AP-9 ata 2048 foi aprobada no ano 2000 polo Goberno do PP, presidido por José María Aznar. "Se estamos nesta situación, por tanto, é responsabilidade dos gobernos do PP", indicaron 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade