Cargando resultados...
Fran Justo: "É moi complicado eliminar un equipo de Primeira con merecemento"
"Vivimos uns momentos que quedan para a historia", asegurou o técnico ourensán
G24.gal
13/11/2022 23:34
O ideólogo deste Arenteiro é Fran Justo. El conseguiu o ascenso á Segunda Federación, a permanencia a temporada pasada e está a marcar uns rexistros históricos no equipo do Carballino. É o líder da 2.ª RFEF, gañou a Copa Federación e acaba de eliminar o Almería na Copa. En total, 21 partidos consecutivos sen perder.
"É moi complicado eliminar un equipo de Primeira, e con merecemento" asegurou Justo. O técnico ourensán quixo atribuírlle todo o mérito "aos xogadores" e amosouse moi ledo por lograren a vitoria "diante do noso público".
Na vila, o técnico recoñeceu que había unha mensaxe: "Desde a ignorancia atrevida, cando menos, iamos competir".