Cargando resultados...
Fran Beltrán: "Ante o Vilarreal iremos a morte polos tres puntos"
Coudet está pendente de que Tapia e Araújo regresen dos partidos coas súas seleccións
G24.gal
17/11/2021 11:54
O Celta retoma a liga en Balaídos. Será o sábado, ante o Vilarreal, ás 2 da tarde.
Esta mañá o equipo adestrouse no escenario do partido. Con Santi Mina recuperado, Coudet está pendente de que Tapia e Araujo regresen dos partidos coas súas seleccións.
Fran Beltrán, mellor xogador do pasado mes, ten claro que a remontada ante o Barça debe ser o punto de inflexión para o equipo.
Fran Beltrán: "O punto que sacamos ante o Barcelona temos que facelo bo e só toca gañar ante o Vilarreal. Iremos a morte a polos tres puntos. Será un partido bonito".