Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fortes contrastes de temperatura en Galicia

Fortes contrastes de temperatura en Galicia

En Ourense alcanzáronse os 30 graos

Na Coruña non pasaron dos 19 graos

G24.gal 19/05/2022 21:44 Última actualización 19/05/2022 22:08

En localidades como Vilamartín de Valdeorras, Leiro, Ourense, Ribas de Sil ou Larouco, por exemplo, esta xornada acadaron os trinta graos, ou mesmo chegaron a superar esta temperatura.

"Creo que imos ter que nos poñer de piscina e bikini e aproveitar. É demasiada temperatura para este tempo", comentan os veciños en Xinzo de Limia, onde chegaron aos 28 graos. 

O sol e a calor agradécenos moitos estes días, pero outros, especialmente no campo, empezan a mirar con preocupación este ceo solleiro dende hai meses.

"Case todo o mes de abril e maio. Agora un pouco de auga tamén facía falta", di un agricultor na Limia. 

Son valores que contrastan e moito cos rexistrados no norte da nosa comunidade autónoma: na Coruña, Foz ou Ribadeo, por exemplo, non pasaron dos dezanove graos; tampouco Ferrol e Viveiro dos 22. 

"Trinta graos é demasiado, esta temperatura é a boa de vinte, vinte e dous graos, que pode andar un en mangas de camisa e mesmo dar unha chapuzadura", apunta un veciño da Coruña.

No sur de Galicia vai calor e seguirá nos vindeiros días, de feito as temperaturas continuarán subindo. Notarase especialmente en toda a comunidade autónoma o sábado; daquela, en Ourense poderían chegar aos 36 de máxima. A excepción será a Mariña lucense, onde dificilmente superarán os vinte graos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade