Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana para saborear o Festival dos Cocidos do Camiño en Lalín

Fin de semana para saborear o Festival dos Cocidos do Camiño en Lalín

 Irmanda o cocido galego cos que se fan ao longo das rutas xacobeas

G24.gal 13/05/2022 21:33 Última actualización 13/05/2022 21:43

Esta fin de semana en Lalín hai cocido pero non un nin dous e non só galego. Hai para elixir no Festival dos Cocidos do Camiño de Santiago, unha iniciativa local novidosa que irmanda o cocido de Lalín cos que se fan nas comunidades polas que pasa algunha ruta xacobea.

O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, asegura que si sae ben no futuro traerán moitos máis cocidos.

"Ao longo de España, Francia e Alemaña, aló por onde pasan os camiños de Santiago, somos capaces de encontrar máis de 20 cocidos distintos"

A maior novidade deste festival é que nel o cocido marida con... música.

"Vai servir para marcar, creo, un antes e un despois nas festas, na do Cocido de Lalín e mén do Camiño", asegura Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.

Nesta primeira edición pódense probar, ademais do galego, os cocidos estremeño, liebaniego e o pote asturiano, cada un coas súas particularidades, como nos explican os distintos cociñeiros presentes. 

Para  Cecilia Sanmartín, cociñeira de Casa Sanmartín, de Lalín, estar neste festival é como abrir unha guía gastronómica.

O cocido levanta paixóns, como comprobamos, en calquera lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade