Cargando resultados...
Fin de semana de sol e calor en toda Galicia
Hoxe as máximas poden chegar aos 31 graos en Ourense e aos 27 nas Rías Baixas
As temperaturas seguirán subindo e o domingo poderíamos acadar os 34 graos na conca ourensá do Miño
G24.gal
06/05/2022 14:53
Última actualización 06/05/2022 15:12
O tempo solleiro e as altas temperaturas serán as protagonistas desta fin de semana en Galicia. Os valores máis altos agárdanse na conca do Miño o seu paso por Ourense que rexistrará máximas por riba dos 30 graos. Iso si, a oscilación térmica entre o día e a noite supera os 20 graos polo uqe cómpre ter a man unha chaqueta nas primeiras horas.
Sol e calor que tamén se deixarán sentir na costa, especialmente nas Rías Baixas con valores que roldarán os 27 graos, aínda que tamén no norte poderemos gozar dun tempo máis propia do verán que da primavera.