Ferrán Jutglá, no punto de mira do Celta
Remata contrato co Bruxas en 2026 e a súa prioridade é regresar á Liga
Leva tres anos xogando en Bélxica e en competicións europeas con moi bos números
Ferrán Jutglá (26 anos) é o xogador que quere o Celta para reforzar a dianteira. Ten 26 anos e pertence ao Bruxas co que remata contrato en 2026. Logo de tres anos en Bélxica, Jutglá ten a oportunidade de volver á liga española. O Celta pagaría uns sete millóns de euros polo seu traspaso. Esta temporada, marcou 8 goles en 27 partidos de liga e 2 nos 12 que xogou na Champions.
O dianteiro catalán pasou pola canteira do Español e do Barcelona, co que chegou a debutar no primeiro equipo. Despois dunha gran campaña co filial do Barça na 21-22 (10 goles) Xavi Hernández decidiu darlle a alternativa. Non se consolidou no Barcelona e marchou para o Bruxas en 2022 nun movemento arriscado pero que lle axudou a consolidarse nun club habitual na Champions. O seu rendemento foi de máis a menos. Realizou unha primeira campaña sobresaínte, con 13 goles na competición ligueira, pero nos dous últimos anos perdeu o sitio no equipo titular para converterse nun xogador que saía como revulsivo.