Fernando Soriano calcula que o novo Dépor necesitará entre sete e dez fichaxes
O director deportivo herculino estivo en A crónica deportiva da Radio Galega para facer balance na temporada do acenso
Os movementos tamén dependerá de se hai algunha salida inesperada e non desexada
Negou que o club teña que acometer algunha compra obrigada dos xogadores que estiveron cedidos esta temporada
Fernando Soriano foi o protagonista en A crónica deportiva da Radio Galega para analizar a exitosa temporada do retorno do Deportivo á primeira división:
"Sufriuse moito durante anos e desmelenámonos un pouco na celebración. Tardamos catro anos en subir á Segunda División e dous anos en subir a primeira. Pero cada categoría ten a súa dificultade, e a maior nivel, maior dificultade".
"Agora chega para min o peor momento da temporada. É cruel comunicar que non vas continuar. Haberá situacións que doen. Somos persoas, sabemos o que significa o ascenso e non poderán seguir todos".
"Para saber cantas fichaxes necesitamos todo dependerá de como nos afecte o mercado negativamente. Temos xogadores moi bos e apetecibles e non sabemos se teremos algunha situación que non contemplamos. Calculo que entre sete e dez será o número de movementos de entrada que teremos esta temporada".
"O normal é que teñamos un límite salarial que estea entre os cinco máis baixos da categoría. Pero o que poña de número no límite salarial non significa que sexa o que gastemos".
"Antonio Hidalgo soubo sobrepoñerse ás adversidades. lesións, baixas formas, rivais... Soubo adaptar o equipo para ser sólidos defensiva e ofensivamente. E cunha esixencia diaria moi alta que fixo o equipo máis maduro".