Aleix Febas: "Veño con moita ambición e con ganas de competir"
O xogador catalán considera que asinar no Celta é un paso máis na súa carreira
A posibilidade de xogar competición europea foi importante na súa decisión de fichar polo club vigués
Aleix Febas xa é de foma oficial xogador do Celta e amosou a súa ilusión por participar no novo proxecto do cadro vigués:
"Foi hai uns meses cando o meu axente dixo que había interese do Celta . Contento que un club como o Celta se interese en ti sempre é bonito. Estiven en moitos equipos e creo que a miña carreira foi de menos a máis. O meu 1º ano fóra do Real Madrid foi en Zaragoza . Estiven no Madrid 8 anos e o Zaragoza foi a miña 1ª cesión que é onde coincidín con Borja Iglesias. Logo funme cedido ao Albacete que tamén foi un gran ano e despois xa asinei polo Mallorca. Fun ao Malaga que acabou un pouco mal co descenso e logo xa ao Elx, que me cambiou a vida. Estiven 3 anos marabillosos (en Elx) co ascenso e a permanencia ata a última xornada"
"O vir aquí é un pasiño máis para a miña carreira. Estoudesexando xogar unha competición europea que ata o de agora non a xoguei e é unha gran experiencia. Un pouco todo, do estilo de Claudio síntome bastante cómodo do que propón con balón sempre intentando saír desde atrás, e en defensa intentar defender en bloque alto e se non tamén en bloque baixo tamén síntome cómodo. Teño moitas ganas de empezar"
"Veño con moitas ganas de dar este pasiño máis na miña carreira, veño con moita ambición, ganas de competir, de achegar o meu gran de area"