Feridos varios pasaxeiros ao caer o autobús nun burato dunhas obras en Cornellà
Un dos feridos atópase en estado crítico e hai catro máis en estado grave
O sinistro provocou unha fuga de gasóleo que foi controlada polo Corpo de Bombeiros

Varios pasaxeiros dun autobús urbano resultaron feridos, un deles en estado crítico, tras precipitarse o vehículo polo buraco das obras dun aparcadoiro na avenida Sant Idelfons de Cornellà de Llobregat en Barcelona, no límite con Esplugues de Llobregat.
No autobús accidentado viaxaban unhas 25 persoas, a maioría puido saír do vehículo polo seu propio pé, aínda que 14 tiveron que necesita asistencia do persoal do Sistema de Emerxencias Médicas.
As primeiras informacións facilitadas apuntan a que do total dos feridos, un deles atópase en estado crítico, catro deles menos graves e tres leves.
O accidente deste autobús urbano non provocou feridos entre os traballadores que nese momento traballaban na obra.
O sinistro provocou unha fuga de gasóleo, que está a ser controlada polos efectivos do Corpo de Bombeiros, que xa sacaron o autobús cun guindastre do burato.