Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos varios ocupantes do piso que ardeu no centro de Ourense

Feridos varios ocupantes do piso que ardeu no centro de Ourense

A Policía Nacional xa investiga as causas polas que se produciu o lume

Foi preciso evacuar todos os veciños do inmoble e cortar a rúa

G24.gal 01/02/2023 20:21 Última actualización 01/02/2023 20:46

Un curtocircuíto podería ser a causa deste incendio que afectou un céntrico edificio de Ourense.

O lume foi tan intenso que houbo que evacuar todos os veciños do inmoble e os negocios lindeiros así como cortar a rúa.

Os bombeiros evitaron que as lapas baixaran do último andar cara ás outras vivendas.

O incendio provocou momentos de pánico entre os veciños e foi preciso cortar a rúa a peóns e vehículos ante o risco de caída de pezas do tellado.

Ademais dos bombeiros, mobilizáronse efectivos de Policía Local e Nacional, unidades sanitarias e membros de Protección Civil. O fume era visible dende as aforas da cidade.

No piso que ardeu residen sete persoas, varias das cales tiveron que recibir asistencia sanitaria tanto por inhalación de fume como por queimaduras. 

O lume produciuse a apenas cen metros de onde onte mesmo foi rescatada unha muller por causa doutro incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade