Cargando resultados...
Ferido un veciño do Carril tras ser agredido cun machete en Vilanova
A vítima, de 34 anos, foi trasladado ao hospital do Salnés
O autor da agresión aínda non foi localizado

G24.gal
26/05/2025 15:41
Un home de 34 anos, veciño do Carril, quedou ferido este luns tras ser agredido na cabeza cun machete na localidade de Vilanova de Arousa.
Segundo confirmaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press, tras a agresión, a vítima foi derivada a un centro hospitalario, onde se atopa ingresada actualmente. En concreto, 112 Galicia confirmou que o ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés.
O autor da agresión aínda non foi localizado.