Publicador de contidos

Ferido un mozo en Oia ao envorcar o coche no xardín dunha casa

Ferido un mozo en Oia ao envorcar o coche no xardín dunha casa

O condutor era o único ocupante do turismo e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 02/11/2021 08:02

Un rapaz de Baiona quedou ferido grave despois de bater co coche no muro dunha casa en Oia. O condutor era o único ocupante do turismo e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O accidente produciuse este martes á madrugada no quilómetro trinta da estrada que vai de Baiona a Oia. O coche bateu cun muro, deu unha volta de campá e acabou dentro da horta da casa. Os propietarios foron os que chamaron ao 112.

Non é a primeira vez que un vehículo acaba no terreo desta casa; nos últimos vinte anos, rexistráronse uns dez accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar