Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido un mozo na cara nunha pelexa tumultuosa no centro de Ribadeo

Ferido un mozo na cara nunha pelexa tumultuosa no centro de Ribadeo

Os participantes na liorta tamén provocaron danos nos vehículos aparcados na rúa

Félix Aragunde 22/05/2023 13:53 Última actualización 22/05/2023 14:03

Na rúa Vilalba, no centro de Ribadeo, un mozo quedou ferido nunha pelexa con numerosos participantes. Ao parecer, a vítima perdeu varias pezas dentais, polo que precisou asistencia médica.

Trátase do segundo suceso destas características que se dá na mesma zona no que vai de mes. Hai quince días, a outro mozo arrincáronlle parte dun labio dunha dentada.

Neste último altercado, os coches estacionados na rúa tamén sufriron danos. Tras a pelexa, algúns dos vehículos apareceron cos retrovisores rotos.

Tamén de madrugada e no centro de Ribadeo, foi asaltada unha tenda de viños. Para accederen ao local, os ladróns romperon unha das cristaleiras, e posteriormente tamén estragaron a caixa. A Garda Civil está a investigar a autoría do roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade