Identificados cinco implicados nunha lea con armas brancas e unha pistola simulada en Foz
Na liorta, na que había algúns menores, non houbo feridos de consideración
Pelexa en Foz este martes pola tarde en que estiveron implicadas cinco persoas cunha pistola de aire comprimido e un coitelo polo medio. Foi en pleno centro da vila a media tarde, coincidindo coa saída en varios centros escolares. Os implicados foron identificados pola Policía Local que abriu dilixencias que serán remitidas ao xulgado de Viveiro.
Foron os veciños os primeiros en intentar mediar e os que alertaron a Policía Local de que viran coitelos e unha pistola.
"Os coches baixaban e eles non se preocupaban. Metíanse no medio e tiñan que parar os vehículos. E un deles arrebolaba pedras", comenta unha testemuña presencial.
Entre as armas requisada había unha pistola de aire comprimido cunhas características, a primeira vista, que facían difícil diferenciala dunha arma de fogo.
Non foi este o primeiro incidente que os implicados protagonizan en Foz. A Policía Local redactou un atestado por portar armas e falta de respecto ás forzas de seguridade que será remitido ao xulgado de Viveiro.