Cargando resultados...
Ferido un mariñeiro en Cangas tras bater a súa embarcación contra unha batea

G24.gal
08/11/2021 09:39
Un mariñeiro quedou ferido tras bater a súa embarcación contra unha batea en Cangas do Morrazo. O suceso tivo lugar contra as cinco e media desta madrugada e foi un dos tripulantes o que alertou do sucedido.
Unha ambulancia desprazouse ata o peirao de Aldán para trasladar o home, que levou un golpe, ao centro de saúde, pero finalmente foi derivado ata o seu hospital de referencia
Segundo informou o persoal de Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, unha embarcación pesqueira tras bater contra unha batea deixou ferido o pescador ao ser golpeado.
Os feitos puxéronse en coñecemento do 061, o Servizo de Gardacostas de Galicia, Salvamento Marítimo e a Garda Civil.