Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un home de 80 anos en Vigo ao entrarlle un coche pola porta do salón

Ferido un home de 80 anos en Vigo ao entrarlle un coche pola porta do salón

O coche era automático e o condutor acelerou por erro cando quería dar marcha atrás

Os dous ocupantes do vehículo tamén resultaron feridos e tiveron que ser liberados polos bombeiros

G24.gal 20/01/2026 17:06 Última actualización 20/01/2026 19:54

Un home de 80 anos resultou ferido este martes cando un turismo irrompeu no salón da súa casa.

O suceso ocorreu na rúa Ricardo Mella, en Vigo pouco despois das dúas da tarde. 

O coche era automático, e todo apunta a que o condutor acelerou por erro cando en realidade quería dar marcha atrás. 

O vehículo rompeu a porta e abriu unha buraco na parede. Nel viaxaban unha parella de anciáns.

Os dous ocupantes do vehículo tamén resultaron feridos e tiveron que ser liberados polos bombeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade