Ferido no incendio dunha casa calcinada en Castrelo de Miño un membro do GES de Ribadavia
Sufriu queimaduras cando traballaba na extinción do lume nunha vivenda de Castrelo de Miño e tivo que ser trasladado a un centro sanitario
Un incendio calcinou por completo unha casa de Castrelo de Miño. Ademais dos importantes danos materiais, un dos efectivos do GES de Ribadavia que participaba no dispositivo de extinción sufriu queimaduras no pescozo, polo que, logo de ser atendido no propio lugar do suceso, tivo que ser trasladado polos seus compañeiros a un centro sanitario.
Foi unha veciña a que alertou do incendio, que tivo lugar nunha vivenda do lugar de San Pedro, en Macendo. Por fortuna, no momento en que se produciu non había ninguén no interior do inmoble. Ademais do GES de Ribadavia, no dispositivo participaron efectivos do 061, Bombeiros de Carballiño, Garda Civil e Protección Civil de Castrelo de Miño.