Cargando resultados...
Ferido grave ao ser atropelado por un camión no concello de Zas
Ocorreu na parroquia de Baio cando, ao parecer, o peón cruzaba de xeito indebido

G24.gal
01/10/2022 12:24
O atropelo produciuse na estrada AC-552, no quilómetro 57, ao seu paso pola localidade de Baio, no concello de Zas. Segundo informa a Garda Civil, un camión atropelou un peón que irrompera na calzada para cruzar de xeito indebido.
O condutor non o viu porque, de acordo coas mesmas fontes, un farol restáballe visibilidade. Unha enfermeira que transitaba polo lugar prestou os primeiro auxilios ata a chegada da ambulancia.
Foi trasladado ao hospital Virxe da Cerca de Cee con feridas graves e arestora evoluciona de xeito favorable.