Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido de gravidade un neno de nove anos que foi alcanzado por un raio na praia de Valdoviño

Ferido de gravidade un neno de nove anos que foi alcanzado por un raio na praia de Valdoviño

O neno estaba a pasear quedou inconsciente tras alcanzalo un raio na praia de Vilarrube contra as 12 do mediodía

A súa nai e unha enfermeira que estaba na praia comezaron a reanimación antes de que chegase o dispositivo de emerxencias

O neno foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

G24.gal 09/08/2022 14:47 Última actualización 09/08/2022 21:21

O neno de nove estaba a pasear pola praia de Vilarrube cando de repente foi alcanzado por un raio. Era arredor do mediodía e non había tormenta que fixese sospeitar que un accidente así puidese acontecer.

Ao momento de ser alcanzado o neno quedou inconsciente. Foi a súa propia nai e unha enfermeira que se atopaba na praia as que comezaron a practicarlle exercicios de reanimación mentres non chegaban os equipos de emerxencias. Despois seguiu reanimando o cativo a Policía Local de Valdoviño con desfibrilador automático en canto chegaron.

Pouco despois chegou unha primeira ambulancia con persoal sanitario que seguiu atendendo o neno e axiña chegou outra ambulancia medicalizada e tamén un helicóptero medicalizado que o 061 desprazou desde Ourense, onde ten a base.

O neno foi trasladado finalmente estable e con pulso ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo informa o 112.  O alcalde de Valdoviño, Alberto González, que participou no dispositivo, sinalaba que afortunadamente "temos a sorte de dicir que se foi reanimado e puido ser trasladado ao hospital".

Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil e alertouse a Protección Civil por se fose necesaria a súa actuación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade