Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan como accidente a caída dunha muller desde 5 de altura nunha construción abandonada da Coruña

Investigan como accidente a caída dunha muller desde 5 de altura nunha construción abandonada da Coruña

A vítima está ingresada na UCI do CHUAC e o seu prognóstico é grave

G24.gal 27/02/2024 09:38

Pouco despois da doce e media da mañá, saía do lugar dos feitos a presunta parella da muller que sufríu unha caída desde uns cinco metros de altura canda dúas policías cara á comisaría de Lonzas, probablemente para tomarlle declaración.

Os feitos aconteceron contra as dez e dez da noite deste luns. Yolanda, que tamén vive nesa construción abandonada, foi quen alertou do suceso.

"Escoitei un berro. Fun mirar e xa a vin a ela tombada e a el que a tiña collida. El falaba, pero ela non. E avisei os servizos de urxencias", explica Yolanda Barreiro.

Ao lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias do 061, axentes da Policía Nacional e da Local e tamén os bombeiros da Coruña.

"Estiveron con ela máis de media hora e despois foi cando a trasladaron ao hospital. Eu preguntei como estaba e dixéronme que de non chamar así de rápido, a muller estaría morta agora", engade Yolanda.

A vítima sufriu un traumatismo cranioencefálico severo e un traumatismo torácico. Está ingresada na UCI do CHUAC e o seu prognóstico é grave.

A hipótese que barallan os expertos é que se trata dunha caída accidental, malia que continúan coa investigación para tratar de esclarecer as causas do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade