Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha condutora en Cambados ao impactar un parafuso contra o parabrisas

Ferida unha condutora en Cambados ao impactar un parafuso contra o parabrisas

O parafuso desprendeuse do camión que ía diante

G24.gal 29/06/2023 11:34 Última actualización 29/06/2023 11:56

Unha condutora quedou ferida en Cambados despois de que un parafuso impactara contra o parabrisas do seu coche. Segundo o 112 Galicia, foi a propia implicada a que alertou os servizos de emerxencia, explicando que estaba ferida na cara despois de que o parafuso acabara rompendo o cristal do seu vehículo.

O parafuso desprendeuse do camión que circulaba diante dela. O suceso produciuse na VG-4.2 ao seu paso por Cambados e foi o Servizo de Emerxencias da localidade quen socorreu a muller. Na intervención tamén colaboraron o 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade